"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sábado, 10 de setembro de 2011

Vindeira saída - 1 Out 2011

Despois da viaxe "piloto" do 10 de setembro, e confiando nunha mellor sorte co mar e co vento, organizamos a vindeira saída peláxica a bordo do "Chasula" para o sábado 1 de outubro de 2011, coincidindo coa celebración do Día Mundial das Aves.

Consulta as diferentes pestanas sobre este post para ver o lugar de saída, roteiro, especies posibles, consellos a bordo e prezo.

Reservas:

Sen sorte desta volta

Hoxe, 10 de setembro de 2011, foi realizada a primeira viaxe ornitolóxica do 'Chasula'. 14 persoas (12 participantes máis patrón e mariñeiro) comezamos no porto do Grove ás 7:30 h, avanzando ao W cara ao arquipélago de Sálvora. Na área de Sagres (preto de Aguiño), as ondas e o vento (máis forte do que indicaba a a previsión) eran moi fortes como para ir alén desas illas. O patrón decidiu ir ao longo da costa E da illa de Sálvora, onde se botou o "chum" (tripas de peixes, conxeladas) antes de volver ao porto do Grove en torno a 12:30 h.
Foi unha volta triste, xa que queriamos visitar de tres puntos mar afóra (8-12 millas de Sálvora). Quizais noutra viaxe.
Lista de especies rexistradas, incluíndo ás aves atendendo o chum e vist
as durante a viaxe ao longo da costa S da ría. As especies máis salientables están destacadas en negrita:

- Pardela escura (Puffinus griseus): 3 (chum) + 1 (viaxe)

- Pardela cincenta (Calonectris diomedea): 6 (chum) + 4 (viaxe)

- Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus): 10 (chum) + 10 (viaxe)  

- Furabuchos atlántico (Puffinus puffinus): 1 (chum)
- Paíño (Hydrobatidae): 1 (viaxe)
- Mascato (Morus bassanus): 3 (chum) + 30 (viaxe)  
- Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis): 150 (viaxe)  
- Gabita (Haematopus ostralegus): 2 (viaxe)
- Pilro tridáctilo (Calidris alba): 1 (viaxe)
- Pilro común (Calidris alpina): 3 (viaxe)
- Virapedras (Arenaria interpres): 1 (viaxe) 
- Gaivota escura (Larus fuscus): 50 (chum) + 30 (viaxe)  
- Gaivota patiamarela (Larus michahellis): 100 (chum) + 250 (viaxe) 
- Gaivota chorona (Larus ridibundus): 10 (viaxe) 
- Carrán común (Sterna hirundo): 6 (chum) + 3 (viaxe)  
- Carrán cristado (Sterna sandvicensis): 2 (viaxe) 

Algunhas fotos da saída:





Puffinus griseus (c) Xosé L. Fernández Carnero

Puffinus griseus (c) Xoán Diéguez Vázquez

Puffinus mauretanicus (c) Xosé L. Fernández Carnero


Puffinus mauretanicus (c) Xoán Diéguez Vázquez



Calonectris diomedea (c) Xosé L. Fernández Carnero

Calonectris diomedea (c) Xoán Diéguez Vázquez


Morus bassanus (c) Xosé L. Fernández Carnero

Morus bassanus (c) Xoán Diéguez Vázquez


Phalacrocorax aristotelis (c) Xosé L. Fernández Carnero

Phalacrocorax aristotelis (c) Xoán Diéguez Vázquez


Arenaria interpres (c) Xosé L. Fernández Carnero


Calidris alba (c) Xosé L. Fernández Carnero

Calidris alpina (c) Xoán Diéguez Vázquez


Larus fuscus (c) Xoán Diéguez Vázquez

quinta-feira, 8 de setembro de 2011

Primeira viaxe peláxica - 10 Set 2011


O 'Chasula' (tomado de chasulapesca.blogspot.com)
Con este post, presentamos a nosa primeira viaxe peláxica desde O Grove (SW Galicia). Está programado para o 10 de setembro de 2011, e será realizado a bordo da tarrafa 'Chasula' (14 m eslora, 3.5 m manga). Esta é a primeira viaxe de observación de aves mariñas do 'Chasula', e tentaremos observar aves peláxicas interesantes ao W e SW das illas de Sálvora e Ons, acadando as 12 millas náuticas mar afóra.

Ruta provisional do 'Chasula' (10 Set 2011) (Google Maps)
As especies obxectivo serán a gaivota de Sabine (Larus sabini), paíño de Wilson (Oceanites oceanicus) e pardela encapuchada (Puffinus gravis). É moi probable que as pardelas balear (P. mauretanicus) e cincenta (Calonectris diomedea) e o furabuchos (P. puffinus) sexan vistos durante a maior parte da viaxe. Tamén poderán ser avistados golfiños e incluso baleas.

Empregarase "chum" conxelado para atraer ás aves preto do barco.

Esta viaxe está case completa (o "Chasula" ten unha capacidade máxima de 12 persoas, ademais da tripulación). Estamos xa planificando outra viaxe peláxica antes de mediados de outubro.

Máis información:





Bo paxareo!