"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Código ético

Este é o código ético de Seabirds Galicia:

  • O benestar dos animais é o noso primeiro obxectivo, xunto co goce da observación de aves e mamíferos mariños e a obtención de datos.
  • Os paxaros non serán molestados durante a nosa actividade. Aínda que interacción co chum ou engado é lóxica e necesaria, e o comportamento das aves non se verá afectado, unha vez que as peláxicas se realizan menos de 12 veces no ano.
  • O aceite usado para atraer paíños é só de xirasol, e en cantidade mínima. O aceite é biodegradable e en apenas 1-2 h desfaise, e non é tóxico para a fauna mariña en tales cantidades.
  • O ruído, tanto dos participantes, como da tripulación e mesmo do barco, tentará minimizarse dentro do posible.
  • Manterase un coidado especial na observación dos mamíferos mariños. O barco reducirá a velocidade do motor ou mesmo o deterá cando aparezan preto do barco golfiños, baleas ou toniñas. Non se perseguirán aos mamíferos mariños, nin se molestarán con ruídos. Cando o barco está a navegar, ás veces os golfiños comúns nadan preto da proa: só nesta situación o capitán manterá a mesma ruta e velocidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário